InicioLugo e contornaLugoA cociña do HULA triplicará a súa produción para atender tamén ao...

A cociña do HULA triplicará a súa produción para atender tamén ao hospital Álvaro Cunqueiro

Trátase dunha medida temporal, mentres se realizan as melloras necesarias na cociña do hospital vigués.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cociña do Hospital Lucus Augusti (HULA) prepárase para triplicar a produción e poder atender a do hospital vigués Álvaro Cunqueiro, segundo indicaron a Efe fontes coñecedoras do proceso. O deterioro na infraestrutura da cociña do Álvaro Cunqueiro, hospital de nova construción e que foi inaugurado no ano 2015, provocou a necesidade de actuar urxentemente en varios espazos do recinto e que obriga á empresa concesionaria do hospital a ter que cerrar a instalación este verán, entre xullo e setembro.

Unha nota de prensa de CIG denunciou na primera semana do mes de xuño que a concesionaria do Álvaro Cunqueiro, a empresa catalana Arcasa, tomara a decisión de cubrir as necesidades de produción da cociña do hospital vigués dende Zaragoza e que a comida sería transportada en camións dende a capital aragonesa.

A denuncia do sindicato causou malestar na administración galega e na xerencia clínica do hospital vigués que, segundo fontes do sindicato, “aseguráronnos que se enteraron por nós da decisión da concesionaria”. A día de hoxe a CIG non coñece se houbo un cambio definitivo de estratexia, aínda que “hai rumores de que a comida podería vir do Lucus Augusti”, explicou a Efe María do Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de Cig Servicios.

Ademais, CIG-Saúde remitirá un escrito ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade para reclamar a reversión da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e do seu persoal, despois de que o servizo se tivese que “paralizar” para a realización de obras de mellora “só 6 anos despois” da inauguración do hospital.

A COCIÑA DO HULA

Responsables de cociña e nutrición do Álvaro Cunqueiro visitaron nos últimos días o HULA, en donde puideron comprobar de primera man o funcionamiento da cociña deste hospital público. Dende a Xunta de Galicia explican que o asunto se está estudando e todo apunta a que se resolverá nunha reunión do Consello da Xunta de Galicia, que podería ser o de mañá.

A tarefa implica unha importante labor de loxística e de trabajo que desenvolverá o persoal de cociña do HULA, xa que terá que producir prácticamente tres veces máis do que cociñaba ata agora, 2.400 comidas diarias máis que se suman aos 1.500 menús que xa elaboran, segundo apuntan a Efe fuentes do hospital en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...