InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo critica á Xunta pola situación de "abandono" da...

O Concello de Lugo critica á Xunta pola situación de “abandono” da Muralla de Lugo

Pídelle que proceda a limpar este monumento Patrimonio da Humanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo instou á Xunta a limpar a Muralla e a “cumprir as súas obrigacións” de conservación deste ben mundial.

O portavoz do goberno local, Miguel Fernández, demanda ao Executivo autonómico que realice os traballos ordinarios de conservación da Muralla ao ser de “a súa competencia”, de forma que actúe “o máis pronto posible para emendar a imaxe de abandono que está a ocasionar numerosas queixas dos veciños“.

En concreto, afea o estado no que se atopa o adarve e o estado que presentan “moitos dos cubos”, polo que carga contra o “deixamento absoluto” da Xunta, xusto cando se relaxan as restricións e espérase a chegada de turistas á cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...