InicioSociedadeO Concello prohibe as fogueiras en ámbito privado, que si se poderán...

O Concello prohibe as fogueiras en ámbito privado, que si se poderán facer no resto de cidades

O resto de grandes cidades cinguiranse á orde do 28 de maio, que segue en vigor no que respecta á suspensión de eventos populares, e permitirán as fogueiras no ámbito privado, aínda que non en espazos públicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo confirmou este mércores que non permitirá a realización de fogueiras no ámbito privado nesta noite de San Juan, polo que será a única do sete grandes cidades galegas que vaia máis aló da normativa sanitaria en vigor (que limita a prohibición a fogatas en espazos públicos).

Segundo informaron fontes municipais lucenses, as fogueiras na vía pública están prohibidas con arranxo á orde publicada pola Xunta o 28 de maio pasado, pola que están suspendidas as celebracións como verbenas, festas e outros eventos populares.

Adicionalmente, o Concello optou por non permitir tampouco as fogueiras en espazos privados, como domicilios e leiras particulares, seguindo un criterio de “prudencia” e tendo en conta “o actual contexto sanitario”. Deste xeito, Lugo quedará sen ‘cacharelas’ de San Xoán por segundo ano consecutivo.

O resto de grandes cidades cinguiranse á orde do 28 de maio, que segue en vigor no que respecta á suspensión de eventos populares, e permitirán as fogueiras no ámbito privado, aínda que non en espazos públicos.

Os concellos reforzaron, con carácter xeral, os dispositivos de vixilancia da Policía Local para evitar que poida haber aglomeracións ou incumprimento das restricións en espazos públicos e, no caso da Coruña ou Nigrán, mesmo se colocarán precintos nas praias para impedir o acceso aos areais.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...