InicioLugo e contornaLugo rexistra máis contaxios novos que Vigo pero baixa en hospitalizados

Lugo rexistra máis contaxios novos que Vigo pero baixa en hospitalizados

Mantén unha persoa en críticos e dous ingresados en unidades convencionais, cando o pasado mércores eran catro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos casos activos de Covid-19 disparáronse a 111 no conxunto de Galicia tras permanecer desde o inicio desta semana por baixo do centenar e os casos activos soben lixeiramente por primeira vez tras 25 xornadas consecutivas en descenso. Pola súa banda, os pacientes ingresados descenden a 61 –un menos–.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, aumentan a 16 os pacientes Covid en UCI –un máis– e descenden a 45 os doutras unidades –dous menos–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Pontevedra e O Salnés e Lugo; onde continúa a haber Lugo segue unha persoa en críticos e descenden a dous os doutras unidades –dous menos–.

SOBEN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 aumentaron lixeiramente a 1.355, nove máis, despois de acumular 25 xornadas consecutivas de descenso, ao haber menos altas (102) que contagios (111). No entanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado –o día 15 dese mes había 1.337–.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden unicamente nas de Vigo (-10) e Santiago e Barbanza (-7), mentres que soben nas da Coruña e Cee (+9), Ourense (+9), Pontevedra e O Salnés (+3), Ferrol (+3) e Lugo, que suma dous contaxiados máis ata se situar en 177, por detrás de A Coruña e Vigo pero por diante de todos os demais distritos galegos.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en toda a Comunidade galega repuntaron a 111 e sitúanse por primeira vez desde o luns por encima do centenar, tras iniciar a última semana antes do verán con 56; ascender lixeiramente a 60 o martes e a 65 este mércores, o que supoñen 46 máis que a xornada anterior. Destes, 17 corresponden á área de Lugo, por diante dos 11 rexistrados en Vigo ou os 9 de Santiago e Barbanza.

En canto á taxa de positividade a nivel galego, aumentou por encima do dous por cento ata o 2,42%, despois de comezar a semana nun 1,1% e ascender lixeiramente a un 1,4% o martes e a un 1,5% este mércores. No entanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...