InicioEconomíaA Deputación de Lugo achega 370.500 euros á USC para potenciar o...

A Deputación de Lugo achega 370.500 euros á USC para potenciar o campus na cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, subscribiu un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, polo que a institución achegará 370.500 euros para o apoio e a potenciación ao campus na cidade.

Pola súa banda, a institución académica dedicará 50.000 euros que se achegarán ao montante para desenvolver proxectos de mellora da calidade docente, innovación, desenvolvemento do rural e mellora das infraestruturas universitarias.

José Estafei incidiu na importancia deste acordo para plasmar o “apoio decidido e continuado” á actividade da institución académica en Lugo e, por tanto, “á educación pública de calidade”.

Doutra banda, a institución provincial destacou que esta semana entrarán un total de 13 usuarios ao Centro de Atención a Maiores de Pedrafita do Cebreiro, os primeiros deste novo centro da Deputación. Os ingresos realizaranse de modo progresivo ata completar prazas.

Tomé Roca valorou este centro que “cumpre cunha reivindicación histórica” do municipio e dos veciños de Pedrafita, que agora contarán “cunha dotación de calidade” para os seus maiores, “moi esperada e moi demandada”, que “marcará un antes e un despois”.

ÚLTIMAS

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

O PPdeG pregunta ao alcalde de Lugo se consentirá o modelo de produtividade da Policía Local

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a...

As enmendas do PP de Lugo ao orzamento expoñen execución de obras pendentes e pagos anticipados

O Partido Popular de Lugo presentou este luns un conxunto de emendas aos orzamentos...