InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pagará a vindera semana 1 millón de euros...

O Concello de Lugo pagará a vindera semana 1 millón de euros aos case 800 beneficiarios do Plan Reactiva

En total, adxudicáronse 1.020.000 € a 540 autónomos e 243 empresas. Das instancias aprobadas 412 se corresponden coas axudas da Liña A, para sectores que afrontaron un peche total, e 371 coa Liña B, afectadas por peches parciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O plan Reactiva comezará a pagarse a vindeira semana”. Así o afirmou hoxe a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, impulsora da iniciativa coa que o Concello de Lugo quere seguir apoiando aos sectores da cidade máis afectados polas restricións que impuxo a crise sanitaria e que supuxeron o peche temporal, total ou parcial, de moitos negocios e establecementos.

A rexedora anunciou este xoves que as listas definitivas dos adxudicatarios e excluídos no procedemento acaban de ser aprobadas se publicarán nas próximas horas, tanto na páxina web como no taboleiro electrónico do Concello.

O balance destas achegas directas, as segundas habilitadas – xunto ao Plan Reanima – polo Goberno de Lara Méndez para dotar de liquidez ao tecido produtivo local dende que comezou a pandemia, “é – segundo sinalou a alcaldesa – altamente positivo, en tanto, en só mes e medio, adxudicaronse 1.020.000 € a 783 negocios estimados inicialmente de forma favorable”.

Deles darase conta agora a área de Tesourería para que, nos próximos días, inicie o pagamento das mesmas e, de ter contraídas estas persoas algunha débeda co Concello, procederase á súa compensación que se verá reflectida na cantidade final que perciban”, dixo a alcaldesa nun comunicado.

En total, o Plan Reactiva recibiu 900 solicitudes, das que 117 foron desestimadas. Aproximadamente a metade das mesmas foron rexeitadas por manter débedas tributarias coa Administración Local. Tampouco se tiveron en conta as que entraron polo Rexistro Xeral, ao redor dunha ducia.

Agora, as persoas excluídas dispoñen do prazo dun mes para presentar o correspondente recurso de reposición que será estudado polos servizos municipais para determinar a súa procedencia e posible estimación”.

Lara Méndez lembrou que o Plan Reactiva ten a vocación de inxectar capital a aquelas actividades económicas consideradas máis prexudicadas pola COVID-19, tomando como base a normativa autonómica relativa ás medidas de prevención e restrición polas que se viron afectadas “para, deste xeito, contribuír á reconstrución da nosa sociedade e fomentar a estabilización da economía lucense”.

convocatoria contemplaba dúas liñas de achegas directas. Liña A, dirixida a empresas que realizan actividades económicas obrigadas ao peche temporal total, que recibirán unha axuda de 2.000 euros por beneficiario se ten 5 ou máis traballadores, e 1.500 euros se ten menos de cinco. E a Liña B, destinada a aquelas empresas que realizan actividades económicas afectadas por un peche temporal parcial. A contía desta liña, na que se incluían todo tipo de comercios e de axencias de viaxes, principalmente, foi de 1.000 € por beneficiario.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...