InicioSociedadeSoben os contaxios en aulas educativas na provincia de Lugo

Soben os contaxios en aulas educativas na provincia de Lugo

O CEIP de Celeiro segue como o centro con máis casos, dez --dous máis--.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia seguen en descenso e redúcense a 468, que supoñen 22 menos, mentres as aulas inoperativas baixan a 19 –dúas menos– e unha escola infantil continúa pechada en San Sadurniño (A Coruña).

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, a escola infantil da Rolada de San Sadurniño mantense como o único centro de Galicia pechado ao completo debido a un positivo.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas da Coruña (-28), Ourense (-6), Santiago (-5) e Pontevedra (-3), mentres que aumentan lixeiramente nas de Vigo (+5), Lugo (+3) e Ferrol (+1).

área de Vigo segue á cabeza con 185 casos activos –cinco máis--, e mantense con 14 aulas inoperativas.  A continuación a de Lugo colócase con 65 infeccións activas –tres máis– e mantense sen aulas pechadas. O CEIP de Celeiro segue como o centro con máis casos, dez –dous máis–.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...