InicioAncares"Sempre presumín de ser dos Ancares para que, polo menos, a xente...

“Sempre presumín de ser dos Ancares para que, polo menos, a xente soubese situalos no mapa”

A estudante Lucía Rodríguez lanza un proxecto para visibilizar a vida dos Ancares "dende dentro": "que temos montañas bonitas sábeo case todo o mundo xa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Falando con Lucía Rodríguez por teléfono, un intúe que sorrí cando fala dos Ancares. Esta estudante de Navia vén de rematar Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo cun traballo atípico e que, nas últimas semanas, se deixa sentir polas redes sociais da Galicia oriental: o Argueiro dos Ancares, todo un canto a esa parte de Galicia “moi coñecida pero á vez descoñecida”.

Nos últimos meses, Lucía vén de transitar polas aldeas da contorna recollendo historias dos seus habitantes para logo vertelas en redes sociais. “Non che sabería dicir cantos quilómetros fixen”, explica, tamén cunha risa. O resulta foi un éxito: os perfís en redes sociais do proxecto acumulan unha pequena grande audiencia que asiste a ese descubrimento dunha zona que, como ela mesma recoñece, queda un tanto “esquecida” no imaxinario colectivo dos galegos.

Así o viu ao chegar a Pontevedra para estudar a súa carreira. “A xente nin sabía o que eran os Ancares, nin Navia nin nada”, apunta. Rodríguez subliña, á parte, que unha cousa é coñecer o ‘escaparate’ dos Ancares –esas impoñentes montañas– e outra ben distinta saber do día a día, do ritmo interno desta zona na esquina oriental de Galicia. Ese sería o obxectivo do Argueiro dos Ancares. “A miña intención é poñer os Ancares no mapa e visibilizar como se vive dentro, porque que temos montañas preciosas sábeo máis ou menos case todo o mundo. Pero non se coñece a historia da xente que mantén vivo o territorio”, explica.

O FUTURO DA ZONA

Para dar a coñecer ese lado humano da zona, Rodríguez recolle as historias dos que alí viven, facendo fincapé naquelas persoas que se manteñen activas e botan para diante unha contorna sobre a que, como recoñece, pende tamén a pantasma da despoboación. A conclusión desta estudante é positiva: “Hai moita xente nova facendo cousas nos Ancares”, destaca.

Con todo, subliña, o futuro da contorna dependerá, en última instancia, da implicación da administración e as persoas que, como ela, decidan seguir impulsando a zona. Para isto estará o Argueiro dos Ancares, que tal e como explica toma o seu nome dunha palabra típica da Galicia oriental: “Argueiro é partícula moi pequena que se mete nos ollos e molesta moito. Pero ademais é un apelativo cariñoso que lles di aos nenos cando son pequenos”, apunta. ““Teño intención de que cada historia se converta non argueiro, que se meta non ollos da xente e xa non saia. E así os Ancares vaian entrando en todo o mundo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...