InicioCulturaO espírito de Xela Arias e das Letras Galegas enchen o centro...

O espírito de Xela Arias e das Letras Galegas enchen o centro de Lugo

Inaugurada a exposición “Xela Arias. A poesia do retrato” con fotografías de Xulio Gil e poemas da autora sarriá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rematou o Día das Letras pero non o seu espírito, nin o seu significado. Na tarde deste sábado inaugurouse na Praza de San Marcos de Lugo a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”  con fotografías de Xulio Gil e poemas de Xela Arias. A mostra consta de vinte paneis nos que as imaxes en branco e negro da autora dialogan con versos escollidos da súa obra poética.

As fotografías retratan a poeta posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil cando tiña entre 26 e 40 anos. Trátase de imaxes tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes de divulgación da obra de Xela Arias que se mostran por primeira vez en formato expositivo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Lugo.

Maite Ferreiro sinalou que “a Praza de San Marcos, cunha ubicación central na cidade, é un espazo axeitado para render homenaxe a Xela Arias e divulgar a súa obra entre toda a cidadanía”. “A reivindicación da súa obra, como a do idioma e a cultura propias, deben extenderse máis aló do Día das Letras Galegas”, engadiu.

Lugo é a segunda parada da mostra que se inaugurou o pasado 1 de maio en Sarria. Permanecerá na Praza de San Marcos ata o 21 de xuño, para continuar coa súa itinerancia en Chantada, Monforte, Ribadeo e Viveiro.

Ademais de promover a exposión, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na edición dun libro-catálogo que recolle unha mostra máis ampla de retratos emparellados con fragmentos poéticos.  A área de Cultura repartirá 100 exemplares desta publicación de título homónimo coordinada por Xosé Enrique Acuña entre as persoas interesadas en profundizar na obra de Xela Arias.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...