InicioLugo e contornaLugoCase oitenta mil persoas de Lugo están xa inmunizadas contra a Covid-19

Case oitenta mil persoas de Lugo están xa inmunizadas contra a Covid-19

Esta semana haberá 12.000 persoas máis da área sanitaria coa pauta vacunal completa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case oitenta mil persoas recibiron xa as dúas doses pautadas da vacina contra a Covid-19 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, onde esta semana serán inmunizadas, segundo datos facilitados polo Sergas, unhas 12.000 máis.

En concreto, segundo datos facilitados polo Sergas á Cope, na área sanitaria forneceron a día 18 de maio un total de 221.397 doses da vacina contra o Covid-19 na provincia de Lugo. Ademais, neste momento, son 77.783 persoas as que recibiron a pauta completa de inmunización fronte ao coronavirus.

En canto á actividade prevista para esta semana, este martes recibían a primeira dose 5.100 persoas con idades comprendidas entre 50 e 59 anos de idade. Entre este mércores  e o xoves, recibirán a segunda dose pautada 6.696 persoas na área sanitaria con idades comprendidas entre 70 e 79 anos -4.258 no HULA, 1.317 no Hospital da Mariña, e 1.121 no de Monforte-. O venres, día 21 de maio, recibirán a dose correspondente 1.100 persoas pendentes de entre 60 e 69 anos de idade. No HULA, o sábado -22 de maio-, serán inmunizadas 4.000 persoas con idades comprendidas entre 50 e 59 anos.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...