InicioMedioambiente e PatrimonioA xustiza volve situarse contraria ás intencións dunha empresa mineira na Terra...

A xustiza volve situarse contraria ás intencións dunha empresa mineira na Terra Chá

Fica desestimado o recurso de Erimsa contra a anulación do permiso para a explotación de cuarzo na Pastoriza, Abadín, Castro de Rei e Vilalba.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sala segunda do Tribunal do Contencioso Administrativo de Lugo desestimou o recurso presentado pola compañía mineira Erimsa contra a anulación do permiso para unha explotación de cuarzo en varios municipios da Terra Chá.

O fallo do tribunal lugués, contra o que cabe recurso de anulación, desestima integramente o recurso da empresa á denegación do Concello da Pastoriza do permiso para explotar o proxecto ‘Alicia 5917’, que ademais de  neste municipio tamén se estendía aos veciños de Abadín, Castro de Rei, A Pastoriza e Vilalba.

Deste xeito, a maxistrada lembra na súa sentenza que a Lei Reguladora de Bases de Réxime Local outorga ás administracións municipais as competencias en materia de medio ambiente e, por tanto, entra dentro dos poderes dos municipios controlar a vixencia dunha Declaración de Impacto Ambiental.

COMPETENCIAS LOCAIS

E é que a anulación do permiso de explotación ditada polo goberno local da Pastoriza asentouse na consideración de que a Declaración de Impacto Ambiental ( DIA) do proxecto ‘Alicia 5917’ estaba caducada, pois o documento fora elaborado no ano 2005.

Neste sentido, a xuíza considera que o concello obrou “en exercicio da súa potestade” á hora de determinar a vixencia da DIA e lembra que sería diferente no caso de que se encargase de outogarla, debido a que, esa si, non é unha competencia da administración local.

Ademais, a maxistrada sinala que a xurisprudencia apunta que a prolongación ‘sine die’ dunha Declaración de Impacto Ambiental “podería prexudicar” a protección do medio ambiental, polo que considera “facilmente entendible” que a lexislación sectorial “vaia modificándose, xeralmente aumentando os estándares de protección, sendo natural que o que vale nun momento dado non o sexa nun posterior”.

“A DIA non pode petrificar os seus efectos no tempo nin tampouco pode tratar de aplicarse a un proxecto distinto ao que está indisolublemente unida”, sentencia a xuíza María de los Ángeles Braña no fallo.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...