InicioMedioambiente e PatrimonioLugo ampliará as sondaxes arqueolóxicas no barrio do Carme

Lugo ampliará as sondaxes arqueolóxicas no barrio do Carme

A alcaldesa explicou que “aínda son necesarios traballos dedicados á restitución da malla urbana fundacional de Lucus Augusti”

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo informou de que ampliará as sondaxes arqueolóxicas no barrio do Carme, despois das primeiras catas realizadas nesa zona da cidade, dada a importancia dos achados realizados.

“Consideramos de interese a continuación e a ampliación das sondaxes realizadas, dado que os restos exhumados nesas dúas catas, fundamentalmente aqueles que pertencen a unha edificación romana, permítennos aproximarnos ao urbanismo fundacional de Lucus Augusti e, por tanto, profundar na orixe da nosa cidade”, explicou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

De feito, aínda que xa se realizaron “unha gran cantidade de escavacións arqueolóxicas” na cidade, recoñeceu que “aínda son necesarios traballos dedicados á restitución da malla urbana fundacional de Lucus Augusti”, datada “na época augusta e xullo-claudia”.

Para ampliar esas sondaxes arqueolóxicas, a administración local investirá case “15.000 euros”, unha cantidade que servirá para financiar as escavacións nunha superficie de 65 metros cadrados, “similar á intervida nas últimas semanas, aclarou a rexedora local.

VISITAS GUIADAS

Os traballos de escavación comezaron o pasado 1 de marzo sobre unha superficie de 65 metros cadrados e, de momento, permitiron o achado de varios elementos de importancia, como unha estrutura vinculada a unha edificación romana.

Neses traballos exhumáronse varios muros e os arqueólogos sospeitan que o espazo descuberto pode ser unha cociña, relacionada con outra habitación, que á súa vez podería ser un almacén. Para mostrar os descubrimentos destas catas, o Concello de Lugo organizou visitas guiadas, en grupos de oito persoas, co arqueólogo municipal, que comezarán este sábado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...