InicioSociedadeUnha muller sofre queimaduras tras unha explosión nunha vivenda en Lugo

Unha muller sofre queimaduras tras unha explosión nunha vivenda en Lugo

Os bombeiros confirmaron que a orixe do estourido foi nunha cociña de butano

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller resultou ferida esta tarde de xoves nunha explosión ocorrida nunha vivenda situada na rúa Becerreá da cidade de Lugo.

Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, un particular alertou ás 17:00 horas dunha explosión ocasionada por unha cociña de butano e que rematou por dar lugar a un incendio. Así, procedeuse a evacuar no edificio e alertouse de que unha muller estaba ferida con queimaduras. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia para evacuar a vítima.

Foron avisados, entre outros, os bombeiros de Lugo, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil. Tras finalizar a intervención, os bombeiros confirmaron que se tratou dunha explosión nunha cociña de butano e que os tabiques da casa resultaron danados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...