InicioSociedadeUnións Agrarias denuncia "abandono" da Xunta para controlar a praga de ratas...

Unións Agrarias denuncia “abandono” da Xunta para controlar a praga de ratas na Montaña

Reclaman axudas para paliar os cuantiosos danos e un plan de acción integral para evitar a extensión do problema.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias denunciou “o abandono por parte da Consellería de Medio Rural para controlar a praga de ratas toupa nos concellos da montaña de Lugo”.

A organización agraria reprocha á Administración autonómica “deixamento” e afirma que “deixou pasar máis de dous anos ata a posta en marcha da primeira actuación respecto diso: un plan piloto que non era máis que un ensaio sen ir mais alá porque a fase de erradicación aínda non se concretou”.

Unións Agrarias cualifica de “inaceptable” que neste tempo a Xunta de Galicia “fixese oídos xordos” ás peticións de axuda dos afectados “e que non se habilitou ningunha liña para paliar os cuantiosos danos”.

Sobre as primeiras actuacións, sostén que “a posta en marcha de ensaios para probar distintos métodos para o control da praga que nos últimos días están a ser realizados por persoal de Tragsa en distintas leiras da zona chega moi tarde”. “E dá boa mostra do escaso compromiso da administración cara aos problemas que afectan ao noso medio rural”, sostén.

En canto ás medidas, denuncian a ausencia de “un plan de acción integral” e de orzamento “destinado á praga de roedores na totalidade da superficie afectada”. Tamén rexeitan que se deixe “en mans dos afectados a instalación de trampeos”, entre outras razóns, polo “custo económico engadido aos cuantiosos danos que estes animais levan meses provocando”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...