InicioSociedadeLugo recupera a memoria e a sepultura dun dos grandes músicos do...

Lugo recupera a memoria e a sepultura dun dos grandes músicos do XIX, Xoán Montes

A concelleira de participación, Cristina López, asegura que “a sepultura atópase nun estado de deterioro moi avanzado, é necesario restaurala para que os danos non sexan irreversibles”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, anunciou que se veñen de iniciar os traballos de restauración da sepultura do músico Xoán Montes. 

A sepultura, ubicada na unidade de enterramento número 329 do Cemiterio Municipal de Lugo, atópase “nun estado de deterioro moi avanzado”, polo que fan precisos os traballos de restauración para “evitar que estes danos sexan irreversibles”.

Este traballo está a ser realizado por parte dun equipo especializado, que eliminará a suciedade das pezas, mantendo as marcas de envellecemento propias da sepultura. “Para poder realizar este traballo, tivemos que iniciar un procedemento de declaración de ruína desta unidade de enterramento, e retornala á titularidade pública”, dixo a edil.

Cristina López destacou que o obxectivo é “honrar a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal” e lembrou que o pasado ano realizouse tamén a restauración e o traslado do busto adicado ao compositor á praza Maior, en lembranza dos lugares da cidade onde desenvolveu gran parte da súa actividade musical.

UN DOS GRANDES MÚSICOS DO XIX

Xoán Montes, nado en 1840 e morto en 1899, foi compositor, instrumentista e docente. Contemporáneo de Pedrell, Pascual Veiga ou Chané, é un dos músico españois máis representativos do XIX. Foi un dos grandes impulsores da banda de música de Lugo, da que foi director.

Montes deixou un importante legado musical. Foi autor das Seis Baladas Galegas; Negra Sombra, sobre o poema de Rosalía de Castro; Lonxe da terriña, con letra de Aureliano J. Pereira oi Unha noite na eira do trigo, sobre o poema de Curros Enríquez. Tamén foi recoñecido pola súa creación musical relixiosa, con obras como Misa de réquiem e foi tamén importante, entre outras moitas creacións a obra A Alborada Galega para piano.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...