InicioSociedadeCompartir vídeos sobre a igualdade de xénero en Tik Tok pode ter...

Compartir vídeos sobre a igualdade de xénero en Tik Tok pode ter premio

O Concello de Lugo lanza un certame nesta rede social de cara ao 8 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo pon en marcha un certame na rede social Tik Tok para promover a igualdade de cara ao Día Internacional da Muller e loitar contra as violencias machistas.

Para participar na iniciativa, impulsada pola Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, basta con subir un vídeo á plataforma Tik Tok co cancelo #Lugopolaigualdade e cubrir un formulario de inscrición. A temática vira arredor da igualdade de xénero en calquera dos seus ámbitos, a denuncia de relacións tóxicas, o empoderamento ou a detección de micromachismos, entre outros.

A duración máxima dos vídeos será de 60 segundos e pódense empregar todas as posibilidades creativas que ofrece Tik Tok, rede social que foi escollida por ser tan usada entre a mocidade. 

O certame conta don dous premios: un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo galardón dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 10 de marzo de 2021 e as persoas gañadoras daranse a coñecer o 16 de marzo. Como requisito, é necesario que a persoa participante viva, estude, traballe ou nacera en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...