InicioSociedadePol homenaxeará o falecido José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade

Pol homenaxeará o falecido José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade

O alcalde, Lino Rodríguez, destacou a "gran calidade humana" do defunto, a quen pretenden honrar nun acto o vindeiro mes de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pol, Lino Rodríguez, confirmou que no Concello tributarase unha homenaxe póstuma ao recentemente falecido José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade. A súa celebración dependerá de como evolucione a pandemia.

José Ramón Ónega, de 81 anos e fillo adoptivo de Pol, faleceu este domingo vítima do coronavirus en Madrid, onde era o delegado da Casa de Galicia. “Nin que dicir ten que José Ramón era unha persoa moi próxima ao Concello, nós tiñámolo nunha alta estima e practicamente todos os veciños”, subliñou o rexedor.

O alcalde explicou que o óbito colleuno “por sorpresa, porque era un home que se atopaba ben, seguía desempeñando as súas funcións como delegado da Xunta na Casa de Galicia en Madrid”.

Ademais, Lino Rodríguez destacou a “gran calidade humana” de José Ramón Ónega, irmán do recoñecido xornalista Fernando Ónega. Rodríguez tamén quixo salientar a relevancia do agora defunto, que escribira un libro en Pol e que fora gobernador civil de Zamora e de Biscaia, ademais de estar en altos cargos do Ministerio de Interior.

Por todo iso, o Concello pretende renderlle unha homeaxe que, en principio, estaría prevista para o mes de agosto, sempre que a pandemia o permita.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...