InicioPolíticaPiden non politizar a petición para que o Bierzo sexa a quinta...

Piden non politizar a petición para que o Bierzo sexa a quinta provincia galega

O Movemento Cidadán A Quinta, que iniciou unha campaña de recollida de sinaturas en redes, pide que esta proposta non sexa só "para falar dela en redes sociais".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Movemento Cidadán A Quinta parabeniza a Coalición polo Bierzo (CxB) pola iniciativa presentada polo BNG na Cámara Galega para que o Bierzo se converta nunha provincia e que poida integrarse, despois en Galicia. Con todo, pide que non se faga un uso partidista desta proposta e pide que este acordo sexa asumido polas “lexítimas institucións que as representa”, Parlamento Galego e Consello Comarcal do Bierzo.

Entendemos que esta iniciativa de CxB, elevada ao Parlamento Galego polo BNG, nace ao calor do nacemento de A Quinta e dentro do espírito que nos levou a impulsar a campaña de recollida de sinaturas que estamos levando adiante na actualidade con moitas dificultades por causa da situación sanitaria”, destaca esta entidade nun comunicado.

Neste sentido, entende que a clase política e sociedade galega e berciana deben debater abertamente da necesidade de abrir unha canle para que o Bierzo poida ter un “camiño amparado lexislativamente” para acadar as súas lexitimas aspiracións de se converter na quinta provincia galega.

Con todo, pídelle a CxB que está iniciativa “sexa sincera” e un paso na procura de conseguir o obxectivo de converter ao Bierzo en provincia e poder optar a ser provincia galega. “Esperamos que a iniciativa non teña só a intención de dar que falar nas redes sociais e nos medios de comunicación e agradamos que esta organización siga impulsando medidas concretas cara a súa materialización definitiva”, indica.

Tamén lle reclama ao BNG que non faga un uso partidario desta reivindicación e busque, “por encima de todo, que a mesma sexa aprobada -coas modificacións que sexa necesario- mediante un acordo por unánime de todos os grupos políticos do Parlamento Galego”. A Quinta destaca que a non aprobación da iniciativa por consenso dos tres partidos con representación no parlamento galego dificultaría a consecución do gran acordo no Congreso dos Deputados que é preciso acadar para converter ao Bierzo en provincia enmarcada dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...