InicioSociedade"Hai moita loita para que o coronavirus non se estenda nos centros...

“Hai moita loita para que o coronavirus non se estenda nos centros educativos de Lugo”

Directores ven "moita tensión" para tentar controlar o virus e garantir as clases presenciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da asociación que agrupa aos directores de centros de educación públicos da provincia de Lugo, José Manuel Valcarce, recoñece que o incremento de casos de coronavirus tras o Nadal está a vivirse “con moita preocupación” e “moita tensión” por parte do persoal de colexios e institutos.

“Temos en máximos as alertas”, dixo Valcarce a EFE, porque “do mesmo xeito que sucede en xeral” con esta terceira onda da pandemia, a “situación é tamén moi complexa nos centros educativos”.

Nese sentido, precisou á prensa que nos centros educativos están a realizarse nestes momentos “moitos trámites” para manter a actividade lectiva, “illando xente, chamando e contactando para realizar seguimentos”. “Está a haber moita loita para que isto non se estenda”, explicou, para localizar canto antes os casos positivos e evitar que se poida propagar o virus dentro dos propios centros.

Trátase, dixo, de facer todo o posible para “garantir as clases presenciais nos centros”, porque os docentes consideran que son “básicas para os alumnos”.

CASOS ACTIVOS

Neste momento, na provincia de Lugo hai 330 positivos en centros educativos, con oito aulas e tres escolas pechadas. Destacan o IES Río Cabe de Monforte de Lemos, con 27 casos, e o IES Santiago Basanta Silva, con 15 contaxios.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...