InicioSociedadeHortensia deixa refachos de vento duns 120 km/h en Muras ou Cervantes

Hortensia deixa refachos de vento duns 120 km/h en Muras ou Cervantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A borrasca ‘Hortensia’ deixou ao seu paso por Galicia na madrugada do venres ventos que superaron os 110 quilómetros hora tanto en puntos da costa como do interior da comunidade, segundo recollen os medidores de Meteogalicia. En puntos por riba dos 900 metros, os refachos rozaron os 120 km/h. Foi o caso de Muras ou de Cervantes.

O refacho máximo da madrugada, na que toda Galicia permaneceu en aviso laranxa por vento, alerta que se manterá ao longo do día; rexistrouse en Xares –A Veiga– con 139,2 quilómetros hora, seguidos polo 134 km/h captados na cabeza de Manzaneda.

Pero o forte vento afectou a case toda a xeografía galega, tanto en puntos da costa —en Malpica chegouse aos 111,5 quilómetros hora–, como o interior, onde houbo refachos máximos de 126,5 quilómetros hora en Fornelos de Montes ou de 111,6 km/h en Avión.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...