InicioSociedadeLugo pecha os parques infantís por refachos de vento de máis de...

Lugo pecha os parques infantís por refachos de vento de máis de 90km/h

O Concello pide precaución para non poñerse en risco ante o temporal Hortensia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo vén de informar de que dende primeira hora desta tarde quedan pechados todos os parques infantís da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso “de nivel laranxa”, con refachos de vento que chegarán aos 90 quilómetros por hora no centro e no sur da provincia.

A área que dirixe Álvaro Santos aclarou que operarios municipais precintarán os dous principais espazos verdes da cidade, tanto o parque de Frigsa como o de Rosalía de Castro, ademais dos demais parques infantís e xardíns da cidade, de modo que quedará prohibida a entrada aos mesmos desde ese momento.

Ademais, fai un chamamento á cidadanía para que “respecten esas limitacións” e eviten “correr risco innecesarios” que poderían “poñer en perigo a súa seguridade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...