InicioSociedadeRepunta a presión asistencial na área de Lugo, con seis ingresos máis...

Repunta a presión asistencial na área de Lugo, con seis ingresos máis na Mariña

Detectáronse 82 novos casos nas últimas 24 horas e os positivos activos sitúanse nos 1.146.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte rexistra este luns 18 de xaneiro un total de 1.146 casos activos de coronavirus, 48 máis ca os contabilizados onte. Amais diso, o Sergas informa de que nas últimas 24 horas se confirmaron 82 novos positivos a través de PCR.

A situación bate de cheo nos hospitais da provincia, que atenden 50 pacientes ingresados (sete máis ca onte). Deles, 43 están hospitalizados en planta e os sete restantes permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos. Porén, hai tres persoas na UCI do HULA que foron trasladadas dende o Hospital de Ferrol debido ao aumento da presión hospitalaria. 

Amais dos ingresos na unidade de críticos, o HULA conta 19 pacientes en planta. Tamén o da Mariña ten 19 hospitalizacións relacionadas coa Covid-19, o que supón un aumento de seis doentes respecto de onte. Por último, o centro de Monforte mantense con cinco ingresos.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 7.054 curacións e 141.309 PCR dende o inicio da pandemia.

GALICIA

Tamén o conxunto da comunidade galega experimentou un aumento na presión hospitalaria. En apenas 24 horas, os ingresos en planta pasaron de 557 a 635, e nas UCI de 98 a 104. Esta escalada de hospitalizacións dáse logo de encadear sete xornadas reportando máis dun millar de novos casos positivos.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...