InicioSociedadeAno novo, lingua nova: os neofalantes, os "salvavidas" do galego

Ano novo, lingua nova: os neofalantes, os “salvavidas” do galego

Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán polo galego, e algunhas fixérono mesmo como propósito de aninovo. Ás que veñen detrás, non dubidan en darlles azos: "Falar galego abre un mundo novo por explorar e desfrutar, e sempre trae moitas sorpresas!".

PUBLICADA O

- Advertisement -

E que tal se nos botamos a falar galego -ou, polo menos, máis galego- como propósito de cara ao ano que entra? “Para min foi un acerto seguro!”, fala Alba Rodríguez, unha moza viguesa que vai cumprir dous anos como neofalante. “Agora que está a piques de vir un novo ano e despois deste desastre de 2020… Por que non comezar cun idioma marabilloso coma este?”.

Sábese ben que aquilo que un adoita propoñerse dun ano para outro, ás veces, cae en saco roto, pero se es desas persoas que anda indecisa ou que está a puntiño de dar o paso, pode resultar unha boa técnica inaugurar o 2021 falando galego. A Noelia Nores tamén lle funcionou. Coa chegada do 2020, decidiu que a súa lingua habitual había ser o galego. O proceso foi gradual, paso a paso, ata que a finais do verán, en canto regresou de Moaña ao seu piso de estudantes en Compostela, deu a zancada definitiva.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...