InicioSociedade"Moita preocupación" na Pastoriza polo gromo na residencia de Bretoña

“Moita preocupación” na Pastoriza polo gromo na residencia de Bretoña

A Xunta comunica dez positivos entre usuarios e traballadores, pero o rexedor local apunta que poderían ser preto de vinte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, móstrase “moi preocupado” polo gromo de coronavirus detectado na residencia de Bretoña.

Este xoves, a Xunta informa de que hai dez  positivos na residencia -oito usuarios e dous profesionais-, aínda que o rexedor eleva esa cifra a “entre 18 e 20 afectados”. “O pasado sábado pola noite chamoume a directora (da residencia) para dicir que había uns cantos residentes que eran positivos de coronavirus”. Agora estase á espera de facer PCR “aos que quedan alí, porque os enfermos foron trasladados a Santiago”.

O alcalde da Pastoriza non oculta que “hai unha preocupación” entre os veciños, para engadir que “o Concello estivo e está a disposición do que considere adecuado a residencia”. “Hai unha preocupación notable porque non só son os enfermos, aos que desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación, senón tamén porque a maior parte das traballadoras son do municipio”, explica Primitivo Iglesias.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...