InicioCultura2021, un ano de podcast en galego

2021, un ano de podcast en galego

Eis unha pequena mostra dos proxectos radiofónicos en Internet máis recentes na nosa lingua.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 2020 foi un ano de vertixe, pero tamén trouxo canda el unha eclosión ben interesante de podcasts en galego a raíz, precisamente, da pandemia e o confinamento. Este formato, que leva as ondas da radio ata o centro da Internet, despuntou neste ano tanto en oferta coma en demanda. Da man de Podgalego, un directorio de podcast que leva uns 14 anos recompilando todos os podcast galegos e en galego, imos facer unha viaxe polos de máis recente creación. Con cal quedas?

CAFÉ DERVY 21

Presentado polos xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez e Adrián Lede, este podcast trata unha chea de temas culturais – literatura, series, música, cultura pop… – acompañados dunha persoa convidada diferente cada semana. Por el xa pasaron Marta Veiga, Neves Rodríguez ou Verto. Nacido ao abeiro da revista Luzes, aquí podes escoitalo.

ZONA WIFI – FÓRA DE COBERTURA

Estoutro podcast tamén agromou en tempos de pandemia. Guiado por Xabier Rolán, se o que che interesan son os temas relacionados coa tecnoloxía e a comunicación dixital, este é o teu lugar.

MBA – MAL

Da man de Samuel L. París e Alberto Álvarez, esta proposta naceu durante o confinamento ao abeiro da plataforma Zoom, e pode visitarse a través de YouTube, Ivoox, Spotify ou Instagram. Unha chea de contido en clave de humor que podes comezar a desfrutar aquí mesmo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...