InicioSociedadeSó o 4'3% dos lucenses pasaron o coronavirus, unha das taxas máis...

Só o 4’3% dos lucenses pasaron o coronavirus, unha das taxas máis baixas de España

O xefe da área sanitaria indicou que o nivel de inmunidade é baixo, pero confía na chegada da vacina para mudar iso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, explicou que esta provincia ten unha das porcentaxes de prevalencia do Covid-19 “das máis baixas” de toda España, un 4,3%. Isto significa que moi pouca xente pasou aínda a enfermidade entre a poboación lucense e, consecuentemente, que o nivel de inmunización fronte ao virus é moi baixo.

Ares, que citou o estudo elaborado polo Instituto de Saúde Carlos III e o Ministerio de Sanidade, lembrou que noutros lugares do país a prevalencia é moi superior, o que indica que moita “máis xente pasou a enfermidade” e, polo menos en teoría, está “inmunizada” fronte ao virus.

Con todo, lembrou á prensa que para chegar a esa situación tiveron que pagar un prezo, dado que a maior incidencia do virus tamén aumentou a mortalidade, a presión asistencial sobre o sistema público de saúde e os ingresos en UCI.

Aínda que neste momento en Lugo hai “máis poboación susceptible de infectarse”, Ares confía en que a provincia chegue “coa vacinación” (que podería empezar xa no principio do ano) a esa “inmunidade” que nos podería facer ver “o final da pandemia”.

ÚLTIMAS

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...

Buscan a un condutor fuxido en Lugo tras saírse da estrada e acabar encaixado contra un sinal

A Policía Local de Lugo busca a un condutor que se deu á fuga tras...

Fuxan vos Ventos dará un concerto no Auditorio de Lugo, ao que dá nome

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que Fuxan os Ventos...