Home Lugo e contorna Un incendio devora unha vivenda en Outeiro de Rei sen deixar persoas feridas

Un incendio devora unha vivenda en Outeiro de Rei sen deixar persoas feridas

0
Un incendio devora unha vivenda en Outeiro de Rei sen deixar persoas feridas
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Os equipos de emerxencias traballan para extinguir un incendio declarado no interior dunha casa en Outeiro de Rei e que, segundo o 112, causa “importantes danos” materiais pero sen deixar persoas feridas.

Os feitos ocorren no lugar de Gondai, na parroquia de Parada. Foi un particular quen alertou sobre o lume pasados uns minutos das 10:30 horas. Tras esta chamada, o 112 Galicia pasou o aviso aos bombeiros de Vilalba e á Garda Civil

Segundo confirman os servizos de extención, que continúan cos seus labores no punto, as chamas calcinaron xa máis da metade da vivenda por causas que aínda se descoñecen.

+ posts