Home Lugo e contorna Lugo Cuadruplica a taxa de alcol tras bater co seu coche contra outros dous vehículos estacionados

Cuadruplica a taxa de alcol tras bater co seu coche contra outros dous vehículos estacionados

0
Cuadruplica a taxa de alcol tras bater co seu coche contra outros dous vehículos estacionados
Control de alcoholemia | LX

EFE | Un home que encaixou o coche que conducía contra outros dous vehículos que estaban estacionados nunha rúa de Lugo deu unha taxa de alcol catro veces superior á permitida pola lei.

Segundo informou a Policía Local, o accidente produciuse o pasado día 6 pola tarde, concretamente ás 18:35 horas na Ronda das Fontiñas.  

Ao presentarse no lugar do accidente, os axentes da Policía Local decatáronse de que o condutor tiña síntomas evidentes de ter bebido, de modo que lle practicaron o correspondente control de alcoholemia. O condutor deu unha taxa de 0,94, case catro veces máis do permitido pola lei, de modo que os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.

A Policía Local tivo que intervir durante a fin de semana como consecuencia doutros cinco accidentes de tráfico.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here