Galicia acollerá unhas festas atípicas e únicas na súa historia recente. A incidencia da pandemia obrigou ás diferentes localidades a botar man de enxeño para ofrecer alternativas seguras e nas que, ademais, buscouse implicar aos propios negocios para tentar dinamizar a súa actividade e amortecer os efectos da crise.
As sete cidades galegas contarán ao seu modo cos Reis, pero non co tradicional desfile de carrozas que cada ano aglutina a centos de persoas. Algunhas urbes están potenciando outras ofertas que eviten as aglomeracións, como é o caso de Lugo.
A cidade das murallas impulsou un sorpresa da iluminación do Nadal, para evitar aglomeracións e facer cumprir os protocolos sanitarios. Este ano ampliáronse o número de rúas e incrementouse o investimento na decoración ornamental para este Nadal.
Tamén se celebrará o tradicional Mercado de Nadal da cidade, organizado polo Centro de Artesanía e Deseño, con preto de catorce postos. Un dos puntos centrais da conmemoración será tanto a dinamización de actividades culturais como do negocio local, con decoracións e elementos ornamentais nos establecementos, ou a instalación dun globo aerostático diante do Pavillón Municipal de Deportes, ademais de numerosas actividades na avenida de Coruña.