InicioSociedadeA seguridade alimentaria europea, asesorada no Campus Terra

A seguridade alimentaria europea, asesorada no Campus Terra

O panel de expertos da Axencia de Europea de Seguridade Alimentaria volve a contar coa investigadora Marta López Alonso, do departamento de Patoloxía Animal

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela figura entre as sentinelas da seguridade alimentaria en Europa. A este eido contribúe a través da investigación, mais tamén cun compromiso directo coa Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA). O nexo entre estas dúas institucións é Marta López Alonso, docente e investigadora do Campus Terra.

A profesora do departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria do Campus Terra leva máis dunha década vencellada á EFSA. E seguirá vencellada á Axencia durante os vindeiros anos, pois foi reelixida para o panel de asesoramento sobre seguridade, riscos e eficacia dos aditivos, produtos e substancias utilizadas en alimentación animal (FEEDAP).

Este grupo de expertos está formado por dezasete científicos recoñecidos a nivel europeo. Son expertos en nutrición e produción animal, toxicoloxía, farmacocinética, microbioloxía ou avaliación de risco ambiental. Entre as súas funcións están avaliar a seguridade e a eficacia dos elementos engadidos aos alimentos para a especie animal á que están adicados, nos usuarios que manexan estes produtos, e no consumidor final, así como o impacto ambiental.

Amais da avaliación destes produtos biolóxicos e químicos empregadas en alimentación animal, o panel ten por misión o control, o asesoramento e a difusión dos riscos asociados á cadea alimentaria.

A reedición de Marta López Alonso neste grupo de traballo responde á súa traxectoria como docente e investigadora neste eido, no que acreditou coñecementos na detección de elementos contaminantes en animais e na análise do metabolismo mineral.

Investigadora do Campus Terra da USC, está vencellada dende 2013 á EFSA, un órgano independente das institucións da Unión Europea e á marxe dos estados membros.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...