InicioMedioambiente e PatrimonioO gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ

O gran reto de #LugoPatrimonioMundial: musealizar in situ

Tralos últimos achados arqueolóxicos do centro arqueolóxico de Lugo, Guido Álvarez reflexiona no Lugo Xornal sobre a importancia da elaboración dun plan integral para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico que Lugo agocha baixo o seu chan

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hoxe, que leo sobre a importancia da casa romana atopada en Quiroga Ballesteros, comparada na prensa do día coa Domus do Mitreo, apetéceme falar dun tema que creo debería estar sempre no foco para os lucenses e galegos: o apremio de elaborar, canto antes, un plan integral para poñer en valor, in situ, todo o patrimonio arqueolóxico que agocha Lugo.

Xa temos bos exemplos de como poñer en valor o noso patrimonio: especialmente a Domus do Mitreo, pero tamén a Casa dos Mosaicos, o Museo Arqueolóxico de San Roque, o templo de Santalla de Bóveda, as Termas Romanas, algunhas das ventás arqueolóxicas… hai un camiño iniciado, pero fai falla moito máis.

“A cidade bimilenaria é unha reliquia a nivel mundial, o legado dunha das civilizacións máis importantes da historia da humanidade, unha cidade romana completa baixo os nosos pés”

APOIO DAS ADMINISTRACIÓNS

O gran reto de Lugo para musealizar in situ o seu patrimonio arqueolóxico require non só da decisión do Concello de Lugo… iso sería insuficiente. Este reto require que todas as administracións (principalmente os poderes de Santiago e Madrid) fagan unha aposta que sería altamente beneficiosa para todos en termos culturais e tamén económicos.

A cidade bimilenaria é unha reliquia a nivel mundial, o legado dunha das civilizacións máis importantes da historia da humanidade, unha cidade romana completa baixo os nosos pés. E non só iso…, tamén moitos vestixios de sociedades e culturas anteriores, máis antigas e tan valiosas.

“é tempo de facer forza e que todas as institucións, dende o concello ata Bruxelas ou a UNESCO, fagan definitivamente unha aposta integral para rescatar todo ese vello legado que a historia deixou en Lugo”

Creo que a nivel patrimonial e cultural non hai nada máis apremiante para Lugo e para Galiza que facer esta aposta… Téñoo claro, e creo que se fala demasiado pouco da urxencia de salvagardar e poñer en valor todo isto… un rescate do noso pasado, e o desenvolvemento dunha economía importantísima para unha cidade e para un país que o necesitan: a aspiración a que Lugo se converta nun centro internacional de investigación arqueolóxica, e nun destino de referencia para os viaxeiros culturais.

O MOMENTO É AGORA

As administracións levan anos atopando marabillas e, no mellor dos casos (pois atrocidades houbo moitas incluso nos últimos 40 anos), resgardándoos baixo terra para futuros plans de posta en valor. Agora, no 2020, é tempo de facer forza e que todas as institucións, dende o concello ata Bruxelas ou a UNESCO, fagan definitivamente unha aposta integral para rescatar todo ese vello legado que a historia deixou en Lugo.

Deixo unha foto de tres lugares para min moi simbólicos: o xacemento da Tinería (máis de 12 anos agardando a ser posto en valor ó lado da Muralla Romana), o conxunto arqueolóxico de Adai (varios milenios de historia e achados únicos), ou os fornos romanos recentemente atopados na traseira da rúa San Froilán.

ÚLTIMAS

Luz verde aos 22 millóns de euros do Plan Deputación 2025

O Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres, no seu Pleno ordinario, as bases...

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...