InicioSociedadeCaravana de coches en Lugo contra a Lei Celaá: "É unha agresión...

Caravana de coches en Lugo contra a Lei Celaá: “É unha agresión á liberdade”

As marchas contaron coa participación de membros do PP.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centenares de coches percorreron na mañá deste domingo cinco cidades galegas –A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Ferrol– para protestar contra a reforma educativa, coñecida como Lei Celáa, ao entender que atenta contra “a liberdade” e busca “a imposición dunha ideoloxía laicista impropia dun Estado non-confesional”.

Convocados pola plataforma ‘Más libres. Más plurales. Más Iguales’, os manifestantes ocuparon as estradas dos centros urbanos de cinco das sete grandes cidades galegas –só Santiago e Pontevedra non acolleron protesta– facendo soar o cláxon dos seus coches. Os organizadores da ‘marea laranxa’ aseguran nun comunicado que en Galicia participaron “uns 10.000 vehículos” nunhas marchas que contaron co apoio do PP.

As marchas, desenvolvidas entre as 11,00 e as 13,00 horas, finalizaron coa lectura dun manifesto no que alertan de que a reforma educativa “supón a eliminación de dereitos democráticos e liberdades”. Así, apelaron a defender a “complementariedade” das redes pública e concertada, á vez que acusan o Goberno de “abandonar” aos profesionais destas escolas e dos centros de educación especial.

“A través do control político da educación, estamos a asistir tamén a unha agresión á liberdade de conciencia a favor da imposición dunha ideoloxía laicista impropia dun Estado non-confesional”, sinala o manifiseta, no que reclaman “liberdade” para cursar relixión, unha materia que, segundo defende a plataforma, se imparte “con absoluta normalidade” na actualidade.

Así as cousas, avanzan que continuarán “denunciando o atropelo” e chaman ás forzas políticas a presentar “recursos de inconstitucionalidade” contra a LOMLOE, que prevén levar as institucións europeas “en busca de amparo”.

PP

Varios membros do PP, como en Lugo o deputado no Congreso Jaime de Olano ou na Coruña o vicepresidente da Cámara galega Diego Calvo, asistiron cos seus vehículos ás marchas.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...