InicioSociedadeSeguen en aumento os casos na residencia de Vilalba: suma xa 117...

Seguen en aumento os casos na residencia de Vilalba: suma xa 117 contaxiados

A residencia de atención á discapacidade San Vicente de Paúl de Lugo mantén 18 casos entres os seus usuarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de usuarios de residencias de maiores diagnosticados de coronavirus continúa en aumento e son xa 484 persoas infectadas no conxunto de Galicia, 27 máis dos que había no último balance ofrecido o venres.

Así figura nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Política Social, que indica que 114 dos contaxios están no centro Asilo de Vilalba, intervido o xoves pola Administración autonómica, e que suma outros 3 novos positivos que o manteñen como o xeriátrico con máis casos de toda Galicia.

Dous dos novos contaxios pertencen a usuarios e o restante a un dos traballadores do centro. Desta maneira, son xa 19 os casos totais entre persoal empregado na residencia.

ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

En canto aos contaxios en centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Galicia, baixaron a 37, oito menos dos que había o venres ao descontarse 8 usuarios da residencia DomusVi de Bóveda que deron negativo nas probas.

Este centro conta agora con 2 casos entre os seus residentes. Ademais, a residencia San Vicente de Paúl de Lugo mantén 18 casos entres os seus usuarios.

Finalmente, baixan a 9 (un menos) os traballadores diagnosticados de COVID entre os traballadores dos CAPD: un deles en DomusVi Bóveda e outro en San Vicente de Paúl de Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...