InicioEconomíaGandeiros piden axudas para sufragar os "elevados custos" de adaptarse á nova...

Gandeiros piden axudas para sufragar os “elevados custos” de adaptarse á nova norma dos xurros

Agromuralla calcula que adecuar as cisternas suporía entre 9.000 e 18.000 euros, pero en caso de ter que mercar novo equipamento os investimentos oscilarían entre os 30.000 e os 120.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla reivindica ao Ministerio de Agricultura e á Consellería de Medio Rural unha “clarificación urxente” da nova normativa que regulará a aplicación do xurro e o esterco nos vindeiros anos. Ao tempo, reclaman “axudas específicas directas” porque os custos aparellados ao cumprimento das regras suporían “unha perda de rendabilidade inasumible para a maioría das explotacións”.

O presidente de Agromuralla, Roberto López, destaca que “non existen certezas de ningún tipo” respecto desa normativa que entraría en vigor no 2021, “un feito que preocupa ao sector polos elevados custos que orixinaría o seu cumprimento”. Este novo regulamento, explican, obrigaría a adaptar ou substituír máis de 20.000 cisternas en Galicia e “castigaría especialmente as 7.000 explotacións que hai producindo leite”.

Calculan que os investimentos oscilarían entre os 9.000 e os 18.000 euros no caso de querer adaptar as cisternas actuais, pero as cifras subirían de maneira espectacular se esta adaptación non fose viable tecnicamente. Daquela, estariamos falando de custos entre os 30.000 e os 120.000 euros para mercar un novo equipamento, segundo sinalan dende Agromuralla.

“INCERTEZA”

Por todo isto, reclaman axudas directas para cumprir unha normativa que, de non ser respectada, implicaría a perda de axudas da PAC. Non só iso, senón que Roberto López asegura que o regulamento “non se adapta á realidade” galega, e tanto o Real Decreto estatal como a futura Lei Galega para a Xestión Integral de Dexeccións Galegas só xeran “indefinición e incerteza” no sector.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...