Home Lugo e contorna Lugo Volven os aseos portátiles ás rúas de Lugo ante o peche prolongado da hostalaría

Volven os aseos portátiles ás rúas de Lugo ante o peche prolongado da hostalaría

0
Volven os aseos portátiles ás rúas de Lugo ante o peche prolongado da hostalaría
Unha das cabinas sanitarias que serán instaladas na cidade | LX

O Concello de Lugo instalará 13 cabinas sanitarias en distintos puntos da cidade para dar resposta a unha demanda veciñal xurdida a raíz do peche dos locais hostaleiros.

“Como xa fixeramos durante o estado de alarma decretado polo Goberno Central en marzo, dende o Concello procedemos á instalación de aseos portátiles”, apuntou o responsable da área de Medio Ambiente, Álvaro Santos.

Colocaranse dúas cabinas máis ca na anterior ocasión: unha no Centro Social da Milagrosa e a outra no polígono industrial do Ceao. Ademais, oito delas están adaptadas ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. A previsión é que permanezan dispoñibles ata o 11 de decembro.  

O concelleiro sinalou tamén que “as cabinas serán aseadas e desinfectadas, tanto interior como exteriormente, dúas veces ao día cunha unidade móbil que fará unha limpeza con vapor, chorro a presión e reposición de tódolos materiais que contén como auga, xabón, papel hixiénico e mesmo ambientador”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here