InicioSociedadeAs 'colas da fame' volven estenderse ante o Banco de Alimentos nesta...

As ‘colas da fame’ volven estenderse ante o Banco de Alimentos nesta segunda onda da pandemia

Un total de 1.500 familias acoden ás sedes desta organización na provincia de Lugo. Delas, máis de 800 son na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As denominadas “colas da fame” volven ser habituais ante as delegacións do Banco de Alimentos na cidade de Lugo, na Mariña e en Monforte de Lemos. A crise sanitaria e socioeconómica da Covid-19 provocou unha maior influencia e, agora mesmo, o Banco de Alimentos xa atende unhas 1.500 familias.

Na primeira onda xa foi moi habitual ver esas longas filas para recoller comida. Agora esa imaxe volve repetirse, segundo puxo de relevo a presidenta do Banco de Alimentos, Amadora Núñez. Aínda que non se está producindo “con tanta magnitude”, Amadora Núñez advirte de que se vai “camiño diso”. “Non se que vai pasar, moita xente quedou sen traballo, sen ERTE, quedouse sen nada e están desesperados e é normal. Volvemos ver persoas que tiñan o seu propio negocio e isto dá moito medo”, lamentou.

Así, pregúntase “ata cando” se pode “manter este pulso coa desgraza”. Explicou que agora “non” se poden facer “operacións quilo” e as que levan a cabo teñen que ser “en liña”. “As empresas levan moito tempo colaborando. Isto dáme medo”, abundou.

EN CIFRAS

O Banco de Alimentos, nas súas tres sedes, atende “unhas 1.500 familias”, das cales máis de 800 son na cidade de Lugo. “Chegamos a pasar das 2.000 familias, pero cada semana hai máis xente sen nada, desesperada e que vén buscar comida, como cando comezou a pandemia”, detallou.

Son sobre vinte toneladas de alimentos os que se despachan á semana e os venres son os días nos que se produce unha maior concentración de persoas ás portas do banco. “Sobre todo a partir das catro da tarde, que é cando vén xente dos pobos: de Vilalba, Lourenzá, Pastoriza, Quiroga, Sarria, Láncara e O Páramo”, apuntou, entre outros concellos da provincia de Lugo.

A crise que tamén trae fame: Cáritas atendeu un 15% máis de persoas en Lugo

+ posts

ÚLTIMAS

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

O PSOE de Portomarín denuncia uns orzamentos locais “pouco ambiciosos”

O Grupo Municipal Socialista de Portomarín votou en contra dos orzamentos presentados polo goberno...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...