InicioSucesosDous presos protagonizan un intento de fuga no cárcere de Monterroso

Dous presos protagonizan un intento de fuga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil interceptounos cando pretendían sortear o muro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous internos da prisión de Monterroso tentaron fuxir do cárcere na madrugada deste venres, pero o intento de evasión foi interceptado por efectivos da Garda Civil no propio muro do centro.

Segundo confirmaron fontes penais, trátase de dous presos “comúns” e “non especialmente perigosos” que se atopaban no segundo grao penal.

Na madrugada deste venres, os dous presos, que “non tiñan un comportamento especialmente conflitivo”, saíron da cela e foron interceptados por axentes da Garda Civil cando tentaban sortear o muro.  Un deles resultou ferido nunha perna polo que foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti, mentres que o outro fuxido xa está “custodiado” no cárcere de Monterroso.

Agora ambos presos serán illados, ata que Institucións Penais resolva a investigación sobre este intento de fuga. O que xa apuntan fontes da prisión é que probablemente “serán trasladados a unha prisión de máxima seguridade“.

Nos anos que leva funcionando o cárcere de Monterroso aínda non se produciu ningunha fuga con resultado positivo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...