Home Cultura ‘O que arde’ non representará finalmente a España nos Premios Óscar

‘O que arde’ non representará finalmente a España nos Premios Óscar

0
‘O que arde’ non representará finalmente a España nos Premios Óscar
Fotograma do filme 'O que arde' (Oliver Laxe, 2019), coprotagonizado polo fonsagradino Amador Arias e a corguesa Benedicta Sánchez.

‘O que arde‘ queda ás portas dos Premios Óscar logo de que a Academia de Cine anunciara que ‘La trinchera infinita’ é finalmente a película que representará a España nestes prestixiosos galardóns.

O filme de Aitor Arregi, Jon Garaño e Jose Mari Goenaga impúxose así á galega ‘O que arde’ (Oliver Laxe) e a ‘El Hoyo’ (Galder Gaztelu-Urrutia), as outras dúas producións candidatas a participar na categoría de Mellor Película Internacional.

A longametraxe rodada nos Ancares e protagonizada pola corguesa Benedicta Sánchez e o fonsagradino Amador Arias acumula unha chea de premios dende a súa estrea a finais do 2019. A súa preselección como candidata española aos Óscar é, en calquera caso, un motivo de celebración.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here