InicioSociedadeXulgan a un xinecólogo e o dono dun prostíbulo por obrigar a...

Xulgan a un xinecólogo e o dono dun prostíbulo por obrigar a practicar un aborto

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará o xoves e venres un xuízo contra tres homes por obrigar a unha moza a abortar, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En concreto, xúlgase o dono dun prostíbulo, un cliente dese local e un xinecólogo que tiña unha clínica sen licenza e que se enfrontan a unha petición de catro anos e medio de cárcere por,presuntamente, obrigar a abortar a unha muller de 18 anos que exercía a prostitución.

A nova, segundo relata o fiscal, quedou embarazada do cliente do local en 2009 e comunicoulle a este a súa intención de continuar co embarazo. Ante a negativa da moza a abortar, este cliente contactou co dono do club de alterne.

Fiscalía sinala que as “presións” por parte do dono do club, xunto coa situación persoal da nova, sen familiares en España, “e o coñecemento que esta tiña de anteriores comportamentos violentos” do home motivaron que acudise á clínica onde se lle practicou o aborto.

Do médico, afirma que sabía ou tiña “como moi probable” que a muller non consentira, ademais de non ter a clínica os permisos oportunos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...