InicioSociedadeEstancamento de casos Covid na área de Lugo

Estancamento de casos Covid na área de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou outros 163 positivos por Covid-19 tras rexistrar 205 novas altas de pacientes, o que sitúa os casos activos en 4.251, polo que volven descender en 46. No caso de Lugo, o descenso de casos activos foi tan só de dous.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, os casos activos volveron a descender en todas as áreas sanitarias salvo na de Ourense, onde experimentaron un incremento de 9 ata os 765.

Pola súa banda, na área sanitaria da Coruña descenderon en dúas con respecto ao martes ata situarse nos 975; na de Lugo caeron ata os 537 –dous menos–; na de Pontevedra, a 786 –sete menos–; na de Santiago a 537 –35 menos–; na de Vigo a 503 –sete menos–; e na de Ferrol baixaron a 148 –dúas menos–.

No referido a pacientes curados na Comunidade galega aumentaron a 18.949, o que supón 205 máis que os rexistrados na xornada do martes. Ata a data en Galicia, ademais, faleceron 740 persoas con Covid-19, o últimas catro vítimas foron notificadas na tarde do martes.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...