InicioPolíticaPodemos queda sen sede local en Lugo e o secretario xeral anuncia...

Podemos queda sen sede local en Lugo e o secretario xeral anuncia o abandono do seu posto

O ata de agora secretario xeral en Lugo, José Pérez Afonso, asegura que na cidade houbo "900 inscritos", un número que se viu reducido despois de que Podemos se convertese nun partido ao uso con "militantes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario de Podemos na cidade de Lugo, José Pérez Afonso, anunciou que deixará o liderado da formación política, e criticou que se efectivice o peche da sede do partido no municipio, situada na Rúa Río Neira.

Pérez Afonso xa tomara, semanas atrás, a decisión de deixar a executiva galega por “responsabilidade” tras os resultados electorais nas autonómicas, e agora cre que “hai que dar paso a nova xente”.

“Eu seguirei apoiando desde a militancia, pero non vou seguir na secretaria xeral”, abundou. No entanto, despídese entre reproches, como que se perda a súa sede actual no municipio .

“É unha pena nestes momentos en que se necesita apoio por parte do noso partido que se nos quite a sede”, afeou, para lembrar que o Círculo de Lugo “foi un que desde o principio sempre cumpriu cos protocolos escrupulosamente”.

“En Lugo sempre se traballou dunha forma encomiable e sempre se fixeron as cousas como había que facelas. É unha pena, porque a xente que está a traballar aquí despois de deixar a pel de forma voluntaria, é unha pena que toda esta xente se teña que reunir en bares e garaxes”.

No seu día, a cidade de Lugo chegou a contar con máis de “900 inscritos”, un número que, asegura, se viu reducido, sobre todo despois de que Podemos se convertese nun partido ao uso con “militantes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...