InicioSociedadeA CIG denuncia problemas para tratar os residuos biolóxicos da Covid no...

A CIG denuncia problemas para tratar os residuos biolóxicos da Covid no PAC de Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG denunciou que o PAC de Outeiro de Rei non está a almacenar “correctamente” os residuos biolóxicos debido á falta de medios apropiados, unha situación especialmente preocupante nun momento de pandemia sanitaria debido á COVID-19.

A responsable de CIG-Saúde en Atención Primaria en Lugo, María Xosé Lourés, denunciou que estes residuos, que inclúen EPIs que puideron estar en contacto con contaxiados pola COVID, “deberían estar introducidos nuns cubos que son os apropiados para iso” e que o persoal do centro solicitou á dirección da área sanitaria de Lugo “esas medidas”, que faltan “a día de hoxe –este martes 22 de setembro– e desde o domingo”.

“Hai tanta demanda de uso destas EPIs que a dotación que hai deste tipo de cubos non chega a día de hoxe. Fai falta un protocolo e unha organización que responda á maior prontitude a este tipo de problemas”, demandou.

A delegada de CIG-Saúde apresurouse en advertir que “deixalos á intemperie significa que calquera poida contaxiarse”, dado que o centro atópase nas inmediacións da residencia DomusVi intervida pola Xunta. “É un problema ao que lle ten que dar solución a dirección da área sanitaria á maior prontitude“, reclamou.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...