InicioPolítica"Preocupación" no concello de Outeiro de Rei tralos 44 positivos da residencia...

“Preocupación” no concello de Outeiro de Rei tralos 44 positivos da residencia DomusVi

O alcalde "confía" en que Sanidade e a empresa estean a tomar "todas as medidas adecuadas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Outeiro de Rei (Lugo), o popular José Pardo Lombao, admitiu que no Concello están “moi preocupados” co brote na residencia DomusVi, na que hai 44 contaxiados, dos que 39 son usuarios e cinco traballadores. O brote, que xurdiu a pasada semana, con dous traballadores, levou a que os usuarios desta residencia non poidan abandonar as súas habitacións.

“Evidentemente estamos preocupados, estamos moi preocupados. É un tema moi importante que afecta a moita xente dun colectivo de moitas persoas que hai nesa residencia”, confesou o rexedor. Pardo Lombao confía “en que se estean tomando todas as medidas adecuadas por parte da residencia e por parte de Sanidade”. “Só queda esperar, dicirlle á poboación que tome as medidas adecuadas o mellor posible: uso de máscaras, gardar a distancia e lavar as mans”, lembrou e destacou que “esas medidas axudan a minimizar este tipo de cousas”.

O alcalde de Outeiro de Rei indicou que o Concello estivo desinfectando rúas e colocando dispensadores de hidrogel nalgunhas zonas públicas. Engadiu que dispoñen de máis dispensadores “para pór”.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...