InicioSociedadeLugo suma 27 novos positivos e achégase aos 800 casos

Lugo suma 27 novos positivos e achégase aos 800 casos

A área da Coruña segue sendo a que máis casos ten de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia sumou 215 novos positivos nas últimas 24 horas, de modo que o número total de casos activos na actualidade é de 3.847, unha cifra esta última que supera en 105 á de onte, de acordo cos datos proporcionados este mércores pola Consellería de Sanidade, con datos da tarde de onte, martes. En Lugo seguen aumentando os casos.

área sanitaria da Coruña e Cee segue sendo a que concentra un maior número de casos activos, 1.387, aínda que é a única na que descende este indicador, posto que aínda que se produciron novos positivos, o número de recuperados é maior, polo que son 16 casos menos activos que o martes.

O maior incremento corresponde á área de Santiago e Barbanza, onde constan 644 casos activos —37 máis que o martes–. En Lugo a subida é de 27 e o total sitúase en 786; mentres que en Ourense a cifra elévase a 362 –19 máis–; en Vigo sitúase en 269 –16 máis–; en Pontevedra crece ata os 250 –17 máis–; e en Ferrol alcanza o 149 –cinco máis–.

Na provincia de Lugo xa se levan feitas mais de 42.000 PCR. No ultimos días estivose a facer unha media de entre 600 e 700 PCR diarias

O parte deste mércores mostra que se curaron na Comunidade un total de 12.879 persoas, que son 108 máis que as que figuraban nos datos do martes. Tamén se informa de catro novos falecementos, tres no HULA e un no CHUAC, o que eleva o total de mortes con COVID-19 desde que comezou a pandemia a 648 en Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...