InicioSociedadeOs casos en Lugo dispáranse de novo, 65 máis

Os casos en Lugo dispáranse de novo, 65 máis

En Galicia os contaxiados son 1.139.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de COVID en Galicia seguen en aumento este venres, ao sumar outros 200 máis, e se elevan a 3.139, despois de incrementarse os contaxios en todas as áreas sanitarias galegas.

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 12 seguen en UCI –igual que o xoves–, 100 atópanse en unidades de hospitalización convencional –cinco máis–, e 3.027 en seguimento domiciliario –195 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 3.139 casos activos, 1.351 corresponden á área da Coruña e Cee –47 máis que este xoves–; 547 á de Lugo –65 máis–; 450 á de Santiago –46 máis– 189 á de Vigo –catro máis–, 187 á de Pontevedra e O Salnés –oito máis–; 292 á de Ourense –26 máis–; e 123 á de Ferrol –catro máis–.

Asemade, Sanidade sinalou que, ata a data, curáronse en Galicia 12.292 persoas, 109 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 635 persoas, das que 279 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 135 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos, a última este mércores, unha muller de 93 anos en Orpea Culleredo.

Do total de 3.139 casos activos na Comunidade galega, este venres 144 están vinculados a centros residenciais –cinco máis que o xoves–, en relación a 100 usuarios e 44 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 322.198 fronte ás 317.307 rexistradas ata este xoves, sinalou Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...