InicioDeportesJona Mejía: "Sentín a confianza que precisaba"

Jona Mejía: “Sentín a confianza que precisaba”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O dianteiro Jona Mejía foi presentado este mediodía como novo xogador de Club Deportivo Lugo. Chega cedido por unha tempada procedente do Córdoba C.F. con opción de compra para o club lucense.

O punta, de 29 anos, afirmou que “o ano pasado non foi bo por números”, polo que chega con “tódalas ganas”. “Sentín a confianza que precisaba nese intre e non o dubidei”, comentou. “É un paso importante porque as ganas que teño despois do ano pasado non mas quita ninguén. O estilo do Lugo aseméxase ao meu estilo de xogo e pode ser unha boa combinación”, declarou taxante.

Jona definiuse como dianteiro: “Son un nove de referencia, gústame pelexarme cos centrais, descargar o equipo e ir ao espazo”. 

Por outra banda, explicou que Josete Malagón e Fede Vico faláronlle “estupendamente do club e da cidade”. Considera que Lugo é “unha cidade idónea para que volva render”.

O director deportivo de Club Deportivo Lugo, Emilio Viqueira, destacou “a ilusión, o compromiso e as gañas” de Jona por vir “dende o primeiro día”. 

Viqueira, ademáis, respondeu que quere “catro posibilidades de xogar arriba” na dianteira. Agora mesmo, o equipo conta con catro dianteiros: o propio Jona Mejía, Jean Marie Dongou, Cristian Herrera e Daniel Escriche.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...