InicioSucesosPolicía e Bombeiros entran pola ventá na casa dunha muller que non...

Policía e Bombeiros entran pola ventá na casa dunha muller que non daba sinais de vida

A filla levaba catro días sen saber da nai, de 65 anos, que foi atopada consciente e incapaz de moverse da cama.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo, coa axuda dunha dotación do corpo de Bombeiros da cidade, accederon por unha das xanelas á vivenda dunha muller de 65 anos de idade que levaba catro días sen dar sinais de vida.

Segundo informou a propia Policía Local, os axentes acudiron a un domicilio da rúa Otero Pedrayo na noitiña do pasado 14 de xuño logo de que a filla da muller avisara de que levaba catro días sen saber nada da nai. Tamén lle explicou á Policía que a muller cambiara as fechaduras da porta do piso e que estaba a tomar “moita medicación”.

Os policías accederon ao piso a través dunha xanela e atopáronse á muller tendida na súa cama, consciente e incapaz de moverse.

Inmediatamente, os axentes pediron axuda ao servizo de urxencias sanitarias e, tras recibir os primeiros auxilios na súa propia casa, a muller foi evacuada ao HULA nunha ambulancia do 061.

+ posts

ÚLTIMAS

Acordo entre Xunta e Clúster da Saúde para reforzar a biotecnoloxía galega até 2027

A Xunta de Galicia e o Clúster da Saúde de Galicia asinaron en Lugo...

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...