InicioOpiniónDiario da desescalada: o temor aos rebrotes

Diario da desescalada: o temor aos rebrotes

"Que os emigrantes que pasan aquí as vacacións ou os turistas traian con eles o coronavirus é algo posible e por iso causa temor. Temor pola saúde propia e tamén temor a ter que volver pasar de novo por todo este proceso"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés PavónO principal indicador de que todo regresa é a cantidade de coches. As estradas acollen infinidade de vehículos e a densidade de tráfico na vila de Chantada xa é de novo equiparable á de Madrid ou Barcelona, como era antes da COVID-19. De aparcar en determinadas zonas a determinadas horas xa nos podemos ir esquecendo. Igualiño que ata marzo.

Con tantas horas de luz, é lóxico que nos botemos á rúa. E, levados por unha emoción que xa debera ser menos, pode que nos saltemos a distancia de seguridade ou que fagamos algún corro innecesario. Algo probablemente inevitable e que será competencia das forzas de seguridade ou das forzas vivas que nos vixian sen que nos decatemos.

O que se percibe, sobre todo entre os donos dos establecementos hostaleiros e comerciais pero tamén nas conversas da rúa, é un indisimulado temor a que a ameaza se volva presentar no verán. Que os emigrantes que pasan aquí as vacacións ou os turistas traian con eles o coronavirus é algo posible e por iso causa temor. Temor pola saúde propia e tamén temor a ter que volver pasar de novo por todo este proceso de confinamento e desescalada.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...