InicioSucesosFalece un veterinario tras ser golpeado por unha vaca nas Nogais

Falece un veterinario tras ser golpeado por unha vaca nas Nogais

O home, de 43 anos, traballaba en Tragsa. El mesmo alertou os compañeiros do sucedido. Ata o lugar desprazáronse un helicóptero e unha ambulancia medicalizada, pero xa nada se puido facer por salvalo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veterinario de 43 anos faleceu no concello das Nogais na mañá deste xoves 28 de maio. Segundo fontes consultadas polo Lugo Xornal, a morte debeuse a un golpe con cornada dunha vaca na súa cabeza.

O suceso ocorreu a iso das 10:00 horas no lugar de Chan de Vilar, na parroquia de Nullán, tal como confirman fontes do Concello das Nogais. Ata alí desprazáronse un helicóptero e unha ambulancia co médico, “pero xa pouco se puido facer”, segundo os servizos de emerxencia.

EL MESMO ALERTOU DO SUCESO

O veterinario non era veciño do municipio, senón que vivía en Lugo. Era empregado de Tragsa e achegouse ata a explotación para exercer tarefas dentro da campaña de saneamento gandeiro. Nun momento, a vaca deulle un golpe que o deixou ferido.

Malia iso, permaneceu consciente durante máis de media hora e mesmo falou con compañeiros, apoiado na súa furgoneta, indican a Europa Press efectivos de Emerxencias que acudiron ao punto.

Tras recibir a alerta, o 112 informou a Garda Civil e o GES de Becerreá. O 061 solicitou, ademais, a presenza do helicóptero medicalizado, que chegou a aterrar. Porén, a vítima perdeu finalmente a vida a pesar dos intentos por reanimalo.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...