InicioAncaresDous cambios de alcaldía en Lugo un ano despois das eleccións municipais

Dous cambios de alcaldía en Lugo un ano despois das eleccións municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case unha decena de concellos galegos cambiaron de alcalde no primeiro ano de mandato, período no que se rexistraron mocións de censura nos municipios coruñeses de Fene e Mugardos. Ademais, neste primeiro ano desde as eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, distintas razóns provocaron cambios nas alcaldías de Bande, Cenlle e San Amaro, Baralla e Mondoñedo e Cerceda .

Varios estiveron motivados pola morte ou marcha dos que eran rexedores para concorrer nas listas ás eleccións autonómicas do 5 de abril –finalmente suspendidas polo COVID-19–. Este é o caso de Mondoñedo ou Baralla.

En Mondoñedo, onde a que era rexedora, Elena Candia, renunciou ao cargo para encabezar a candidatura dos populares pola provincia. A marcha de Candia, que tamén lidera o PP provincial, motivou que o popular Manuel Otero, que concorrera como o seu número dous, e se fixese co bastón de mando.

En Baralla, o que fora alcalde durante máis de 30 anos, Manuel González Capón (PP), faleceu 17 días despois de tomar posesión afectado dunha grave enfermidade. Tras iso e coa renuncia do número dous da lista, tomaría posesión o seu fillo, Miguel González Piñeiro, como primeiro edil. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...